Crónica 9 dos Pallasos en Rebeldía dende Chiapas (ano 2008) Crónica 9 de los Pallasos en Rebeldía desde Chiapas (año 2008)
V CARAVANA DE PALLASOS EN REBELDÍA E II CARAVANA DE SOYAPOS EN BERELDÍA AS COMUNIDADES ZAPATISTAS DE CHIAPAS
Estamos de paseo pola capital. Mañá marchamos, pero hoxe temos a sorte de coñecer o barrio de Tepito (o máis conflitivo e radical da cidade) da man dunha das súas loitadoras que, aínda que moi nova, ten xa un historial persoal nas loitas e na defensa dos presos que é incrible, e que nos aloxa na súa humilde e linda casa.
Con ela platicamos de presos, da outra campaña e, en xeral, dos procesos sociais en México. A verdade é que este pais é inabarcable. Hai historias e realidades de confrontación ao capitalismo para escribir mil libros e… falando de libros, temos a sorte de ter nas nosas mans un libro recen saído do prelo, o ultimo sobre o Sub, nacido dunha entrevista deste con Laura Castellanos e fotografado por Ricardo Trabulksi, quen nos comandou como semi-embaixadores do mesmo e nos pediu que colaboremos na súa distribución e difusión polo estado.
Para nós é unha honra contar coa confianza e amizade deste grande fotógrafo con quen, de seguro, seguiremos traballando man a man proximamente.
Regresamos para Galicia-Barcelona. Os pallasos teñen que regresar a Chiapas en breve, pero tamén deberemos establecermos algunha estratexia complementaria para asistir aos convites que nos fixeron de ir actuar aos cárceres da Cidade, visitar Atenco e facer que a nosa solidariedade sexa efectiva, ademais de coñecer aos loitadores e ás loitadoras universitarias.
Se tiveramos que actuar en cada foco de rebeldía deste inmenso país non teriamos días na nosa vida. De momento, asumimos o compromiso de actuar en todas as comunidades zapatistas da zona norte e, para iso, imos necesitar máis de 30 viaxes… a ver como nos apañamos.
Desde Chilangolandia, e á espera de romper coa militancia abstemia zapatista bailando ao estilo de tepito, mandamos esta última crónica lembrando a Chaplin: “un dia sen rir é un día perdido”, e de colleita propia: «unha vida sen loitar é unha vida perdida»
-Lokonuk.
V CARAVANA DE PALLASOS EN REBELDÍA E II CARAVANA DE SOYAPOS EN BERELDÍA AS COMUNIDADES ZAPATISTAS DE CHIAPAS
Estamos de paseo por la capital. Mañana nos marchamos, pero hoy tenemos la suerte de conocer el barrio de Tepito (el más conflictivo y radical de la ciudad) de la mano de una de sus luchadoras que, aunque muy joven, tiene ya un historial personal en las luchas y en la defensa de los presos que es increíble, y que nos aloja en su humilde y linda casa.
Con ella platicamos de presos, de la otra campaña y, en general, de los procesos sociales en México. La verdad es que este país es inabarcable. Hay historias y realidades de confrontación al capitalismo para escribir mil libros y, hablando de libros, tenemos la suerte de tener en nuestras manos un libro recién salido del prelo, lo ultimo sobre el Sub, nacido de una entrevista de este con Laura castellanos y fotografiado por Ricardo Trabulksi, quien nos comandó como semi-embajadores del mismo y nos pidió que colaboremos en su distribución y difusión por el estado.
Para nosotros es un honor contar con la confianza y amistad de este gran fotógrafo con quien, a fe que seguiremos trabajando mano a mano próximamente.
Regresamos a Galicia-Barcelona. Los payasos tienen que regresar a Chiapas en breve, pero también deberemos establecer alguna estrategia complementaria para asistir a los convites que nos hicieron para actuar en las cárceles de la Ciudad, visitar Atenco y hacer que nuestra solidaridad sea efectiva, además de conocer a los luchadores y a las luchadoras universitarias.
Si tenemos que actuar en cada foco de rebeldía de este inmenso país no tendríamos días en nuestra vida. De momento, asumimos el compromiso de actuar en todas las comunidades zapatistas de la zona norte y, para eso, vamos a necesitar más de 30 viajes… a ver cómo nos arreglamos.
Desde Chilangolandia, y a la espera de romper con la militancia abstemia zapatista bailando al estilo de tepito, mandamos esta última crónica recordando la Chaplin: “un día sin reír es un día perdido”, y de cosecha propia: «una vida sin luchar es una vida perdida»
-Lokonuk.