O CLOWN E A ESENCIA, UN CAMIÑO DE CRECEMENTO PERSOAL
Camiñar o neno ou nena interior para poder vivir desde a esencia, traballar o ridículo como material creativo, practicar a estupidez desde a creatividade, e xogar, xogar ata caer rendidos da cadeira de brazos da razón para gozar do pracer da risa activa. Coñecer o noso clown para vivir desde o corazón.
PAYASEANDO LA EXISTENCIA
Curso intensivo dinamizado por Iván Prado estruturado en dúas partes. Nun primeiro momento o grupo camiñará na procura da esencia do seu clown e, a continuación, traballarase individualmente co alumnado sobre a actuación e as normas teatrais do clown.
Dossier Payasendo la Existencia
INICIACIÓN AO CLOWN
Todas as persoas somos diferentes e, por tanto, o noso clown tamén é diferente, persoal. Buscando na nosa natureza atoparemos o noso estilo propio que nos permitirá gozar experimentando o ridículo. A través dos diferentes xogos de concentración e exercicios de habilidades “estúpidas” de cada persoa (xestos esaxerados, ruídos estraños, movementos especiais…) e sempre buscando o pracer, como os nenos e as nenas cando xogan, iremos descubrindo onde está o noso xogo cómico e o noso clown.