Acción «valo da vergoña», Melilla
Pallasos en Rebeldía, xunto a un grupo de ‘ artivistas’ do Festival Esperanzah! e aos músicos de Txarango, protagonizaron na fronteira melillense, un pasacalles reivindicativo en denuncia da política migratoria da UE. A performance foi interrompida pola Garda Civil fronteiriza, que identificou os participantes.
Acción valo Idomeni
Pallasos en Rebeldía protestou ante o valo de Idomeni en marzo de 2016, na fronteira de Grecia con Macedonia, onde miles de familias malviven desde hai moito tempo bloqueados polas políticas migratorias da UE.
Acción valo de Melilla
Pallasos en Rebeldía realizou o 13 de abril de 2015 unha acción reivindicativa e artística ante o valo de Melilla, protagonizada polo clown Iván Prado, portavoz de Pallasos en Rebeldía, e a compañía de circo Kanbahiota. Nela, os participantes denunciaron a inxustiza e a violación dos dereitos humanos que que exerce o estado español ao longo da fronteira con Marrocos.
Acción contra o Muro- Favela de Maré
Maio 2014. Pallasos en Rebeldía realizou unha performance no muro que impide a visión de quen pasa pola Linha Vermelha das favelas localizadas aos seus lados.
Acción contra o Muro- Campos de refuxiados saharauis
Por terceiro ano consecutivo, Pallasos en Rebeldía viaxou aos campos de refuxiados saharauís preto da coidade de Tinduf (Alxeria) acompañando a FiSahara 2014. Nesta ocasión, os pallasos rebeldes que viaxaron foron Abraham Pavón, Rossina Castelli, Guille Hunter, Aline Moreno, Arthur Toyoshima e como non, o noso incombustible portavoz circunstancial Iván Prado. O grupo composto por Iván, Abraham e Guille realizaron unha performance protesta contra o Muro da Verguenza construído por Marrocos para separar os campos de refuxiados saharauís da súa terra, o Sahara Occidental. Un Muro repleto de minas antipersona.
Acción contra el Muro Sáhara (4 mayo 2014) from Pallasos en Rebeldía on Vimeo.