Crónica 1 dende Chiapas (año 2003) Crónica 1 desde Chiapas (año 2003)
A néboa déitase no camiño a Labacolla a xeito de despedida, na que vai ser a nosa primeira viaxe do grupo ao corazón de todas as revoltas indíxenas.
Unha furgoneta, tres avións (cos seus correspondentes aeroportos, cintas de transporte e controis aduaneiros). Un metro, dous cambios e seis estacións, dous buses, unha camioneta, corenta horas de viaxe, trinta e dúas en movemento. Ata a viaxe é unha metáfora da distancia e achegamento do movemento Zapatista co mundo e coa nosa realidade galega.
Chegamos a Palenque, lugar Santo, onde se agochaba a cidade proíbida Maya, hoxe explotada polas axencias de viaxe e as grandes corporacións hoteleiras deste México que deixou atrás o legado Maya e, de paso, quixo borrar as conquistas arrincadas a estranxeiros e terratenentes pola súa revolución do 17.
Nesta cidade presidida pola imaxe Quetzacoalt (o Deus dos Deuses), Emiliano Zapata, o revolucionario mestizo, estaba completamente soterrado baixo o ruído institucinal do Pri, ata que uns indíxenas encarrapuchados fixeron que se escoitara o seu berro de «xa basta» en todo o mundo un primeiro de Xaneiro.
Hoxe Zapata camiña entre os postos do mercado de Palenque, conversa coas mulleres que elaboran os tacos nos seu carriños móbiles. Soorrí dende os rostros dos nenos indios que nos reclaman coa súa fráxil presencia.
Pero Zapata , como Quetzacoalt, agóchase da mirada perdida dos estranxeiros, que non soamente son aqueles que teñen outro pasaporte, e ata que cae a noite non se deixa ver e compartir nestas rúas empedradas polas mans da cor da terra, pero, coa caída do sol, o zócalo da vila queda baixo o manto da marimba (grande invento musical dos Mayas), e as linguas diversas deste México dos cen rostros converxen entre xogos de nenos de pel escura e homes e mulleres do millo.
Na noite, Palenque volta india, e as rúas comerciais conviven con milleiros de anos de historia que non renuncian a falar a súa fala, nin a portar as súas cores.
Hoxe “Emiliano Zapata Vive”, como reza a consigna, e faise escoitar nesta zona de Chiapas a través da radio insurxente do «Caracol que fala para todos», que en breves días inauguraremos, iso se os Priistas non boicotean de novo o tendido eléctrico, esperemos que a presencia destes cinco galegos paralice un pouco a acción permanente dos paramilitares.
Por iso estamos aquí, porque como galegos somos parte tamén desta grande aventura que se chama a Internacional da esperanza. Esta internacional ten as súas sedes en todos o pobos que loitan, xa sexan grandes ou pequenos, e os seus líderes enténdense coas palabras da fraternidade e do sufrimento, as súas armas son a razón histórica e a palabra que camiña, a súa bandeira: a dignidade.
O primeiro día tivo corenta horas para nós, e xa estamos , xa chegamos, foi fácil pero intenso, pero seguro que os días que resten ata o regreso, aínda que máis curtos, van ser imborrables da nosa memoria, pero sobre todo da nosa esperanza.
Iván Prado, Roberto barrios, 1º día, 5º viaxe, 2ª vida. (18 de setembro de 2003)
La niebla se acuesta en el camino a Lavacolla (Aeropuerto de Santiago de Compostela), en el que será nuestro primer viaje del grupo al corazón de todas las revueltas indígenas.
Una furgoneta, tres aviones (con sus correspondientes aeropuertos, cintas de transporte y controles aduaneros). Un metro, dos cambios y seis estaciones, dos autobuses, una camioneta, 40 horas de viaje, 32 en movimiento hasta el viaje. Es una metáfora de la distancia y la cercanía del movimiento Zapatista con el mundo y con nuestra realidad gallega.
Llegamos a Palenque donde se escondía la ciudad prohibida Maya, hoy explotada por las agencias de viaje y las grandes corporaciones hoteleras de este Méjico, que ha dejado atrás el legado Maya y de paso ha querido borrar las conquistas arrancadas a extranjeros y terratenientes por su revolución.
En esta ciudad presidida por la imagen Quetzacoalt (El Dios de los Dioses) Emiliano Zapata, el revolucionario mestizo, estaba completamente enterrado bajo el ruido institucional del Pri, hasta que unos indígenas encapuchados han hecho que se escuchara su grito de “Ya Basta” en todo el mundo, un primero de enero. Hoy Zapata camina entre los puestos del mercado de Palenque, habla con las mujeres que elaboran los tacos en sus carritos móviles. Nos sonríen los rostros de los niños indios, que nos reclaman con su frágil presencia.
Pero Zapata, como Quetzacoalt, se esconde de la mirada perdida de los extranjeros, que no son solamente aquellos que tienen otro pasaporte, y hasta que cae la noche no se deja ver y compartir en estas calles empedradas por las manos del color de la tierra. Pero cuando cae el sol, el Zócalo del pueblo queda bajo el manto de marimba (gran invento musical de los Mayas), y las lenguas diversas de este México de los cien rostros, convergen entre juegos de los niños de piel de escora y mujeres del maíz.
En la noche, Palenque se vuelve india, y las calles comerciales conviven con los miles de años de historia que no renuncia a hablar de su habla, ni a apartar sus colores.
Hoy Emiliano Zapata Vive, como reza la consigna, y se hace escuchar en esta Zona de Chiapas a través de la radio insurgente del “Caracol que habla para todos” de Roberto Barrios, que en breves días inauguraremos, eso si los Priístas no boicotean nuevamente el tendido eléctrico. Esperemos que la presencia de estos cinco gallegos paralice un poco la acción permanente de los paramilitares.
Por eso estamos aquí, porque como gallegos somos parte también de esta gran aventura que se llama Internacional de la Esperanza. Esta Internacional tiene sus grades sedes en los pueblos que luchan, ya sean grandes o pequeños, y sus líderes se entienden con las palabras de la fraternidad y del sufrimiento, y sus armas son la razón histórica y la palabra que camina, su bandera: la dignidad.
El primer día ha tenido 40 horas para nosotros, y ya estamos, ya hemos llegado. Ha sido fácil pero intenso, pero seguro que los días que restan hasta regresar, todavía serán más cortos y van a ser imborrables de nuestra memoria, pero sobre todo de nuestra esperanza.
Iván prado, Roberto barrios, 1º día, 5º viaje, 2ª vida