Gala pola liberdade de Ahed Tamimi e tod@s @s pres@s palestin@s
Fieis ao noso compromiso coa infancia, co sorriso e coa xustiza desde Pallasos Rebeldía queremos posicionarnos claramente a favor da liberdade de Ahed Tamimi e de tod@ s l@ s pres@ s palestin@ s que inxustamente foron privados de liberdade polo exercito de ocupación israelí, por iso o sábado 27 de xaneiro celebraremos unha Gala ás 18:00 na Carpa Arribas Circo, a entrada será gratuíta.
Desde Pallasos en Rebeldía queremos encher de felicitacións a Ahed Tamimi, que celebrará os seus 17 aniversarios encerrada nun cárcere Israelí na véspera do seu xuízo nun tribunal militar Israelí.
Ahed é un@ dos 360 niñ@ s palestinos que están nunha prisión israelí e un@ de l@ s case 6,200 pres@ s polític@ s palestin@ s en cárceres israelís. Ahed está encarcerada, xunto coa súa nai Nariman pola súa resistencia na aldea de Nabi Saleh, unha aldea palestina de 600 persoas que foi branco de roubo de terras polo asentamento sionista ilegal de Halamish.
Ahed e Nariman Tamimi foron encarceradas o 19 de decembro despois de que un vídeo mostrase a Ahed golpeando a un soldado da ocupación israelí que se fixo viral nas redes sociais.
Existe en Israel un sistemático e continuo encarceramento de nenos palestinos; preséntanse #ante os tribunais militares aproximadamente 700 cada ano, e os nenos palestinos capturados polas forzas israelís son frecuentemente obxecto de golpes, malleiras, abusos e interrogatorios sen pais ou avogados presentes.
“É hora do amor incondicional á vida, á xustiza. Amor incondicional polos nenos e as nenas palestinas que non poden ir ao colexio, xogar na rúa ou simplemente vivir baixo o terror que Israel impón e o silencio cómplice da comunidade internacional.” Iván Prado, Portavoz internacional de Pallasos en Rebeldía.