Gala solidaria con Palestina en Barcelona
A solidariedade é a tenrura dos pobos e a cultura son das nosas armas máis poderosas.
Por iso, o vindeiro 25 de febreiro organizaremos unha Gala Solidaria con Palestina en Barcelona xunto a Propaganda pel Fet!
Nela participarán artistas como Queralt Lahoz, Said Muti, Zoo, Las Bajas Pasiones, Ana Brenes, La Karamba, Natalia Free, Rossina Castelli e Check Point Clown. A presentación correrá a cargo de Alguer Miquel de Txarango e Iván Prado de Pallasos en Rebeldía.
Uniremos as nosas voces e talento nun chamamento de apoio ao pobo palestino, utilizando a arte como ferramenta para traspasar fronteiras e construír pontes de solidariedade. Esta gala é unha oportunidade para recadar fondos destinados a proxectos en Palestina, contribuíndo así ao sosego da poboación civil vítima do xenocidio do Estado de Israel.
Como entidade colaboradora deste evento, queremos destacar a nosa labor social, agora máis necesaria que nunca. Continuamos a loitar pola concienciación, entendendo que estas celebracións son esenciais para facer visible a importancia da cultura como agente de transformación social.
Revive con nós a paixón pola solidariedade, a cultura e a transformación. A túa participación fai a diferenza.