Pallasos en Rebeldía lanza unha campaña de apoio a Gaza
A Stars Circus Schoo, escola de circo en Gaza, pide apoio para sacar adiante esta campaña coa que se pretenden recaudar 50.000 euros para enviar axuda ante a emerxencia humanitaria que está vivindo.
Máis dun millón de nenos na Franxa de Gaza, o 50% da súa poboación, están vivindo nunha situación de emerxencia humanitaria. Pallasos en Rebeldía e a Gaza Stars Circus School traballaron xa con nenos e nenas dende a primeira semana da guerra realizando un montón de actividades. Con esta campaña queremos ir un paso máis alá. As nosas metas son:
- Cubrir as necesidades de nenos e nenas en campos de refuxiados
- Proveer os tratamentos necesarios a nenos e nenas feridas
- Proveer roupa de inverno para mitigar o frío extremo
- Organizar shows de circo e actividades de entretemento
- O noso traballo alongarase no tempo organizando actividades de entretemento para aliviar o estrés que padecen estos nenos e nenas.
A campaña consta, por unha parte, de Galas Solidarias, unha convocatoria para acender unha vela de amor por Gaza Altares Espejo impulsado pola organización Sincronía Wirikuta. Ademáis, poden realizarse doazóns á conta de Pallasos en Rebeldía co concepto «Gaza»: ES82 3058 6403 3527 2000 1852
Tamén realizaremos unha campaña de crowfunding internacional da que publicaremos todos os detalles proximamente.
Dende Pallasos en Rebeldía organizamos máis de cinco galas solidarias dende o inicio do último ataque á Franxa. Nas próximas semanas faremos, ademáis un concerto solidario en Santiago de Compostela.
O 10 de febreiro ser´aa convocatoria internacional para acender unha vela de amor por Gaza Altares Espejo.
Proximamente, toda a información sobre como colaborar no crowfunding.