¡¡Máis de 9.000 euros en 48 horas!!
Hai dous días que lanzamos en Verkami o proxecto de clownfounding Palestina ten nome de muller e levamos recadados case 10.000 euros. Estamos enormemente agradecidas ás máis de 200 persoas que están a facer posible este soño, este segundo libro feito por Iris Serrano e Iván Prado que pretende ser unha homenaxe ás mulleres palestinas, a súa dignidade e a súa loita.
Xa superamos os tres primeiros obxectivos: 3.500 €, 5.000 € e 7.000 €, que nos permitirán editar 1.000 exemplares do libro e levar unha caravana de artistas plásticas e payas@ s a Palestina. Queremos que vós tamén nos acompañedes a distancia, que sexades testemuñas do que conseguimos entre todas. Por iso acompañarannos un cámara e un fotógrafo para realizar unha reportaxe fotográfica e un vídeo.
Moitas das recompensas do Verkami xa se terminaron, pero engadimos novas, e moi pronto haberá sorpresas. Ante o éxito das bolsas éticas e ecolóxicas, decidimos reeditar a recompensa e engadirlle un exclusivo marcapáginas coa ilustración da portada do libro.
Podedes ver esta recompensa e todas as demais aquí: https:// vkm. is/palestina