Conseguidos 6.ooo euros en menos de 24 horas de Verkami
Estamos sen palabras. Hai só 24 horas que lanzamos o Verkami do libro «Palestina tiene nombre de mujer» e xa conseguimos máis de 6.000 euros.
Superamos o noso primeiro obxectivo, 3.500 euros, e o segundo, de 5.000 euros, en menos dun día grazas a máis de 100 persoas que nos deron o seu apoio, polo que estamos tremendamente agradecidas e emocionadas. Iso dános toda a enerxía para ir a por o noso terceiro obxectivo: 7.000 euros, que usaremos para poder realizar unha reportaxe de vídeo e fotografía da caravana artística que imos enviar a Palestina cos beneficios da venda do libro, en canto a pandemia permítao.
Xa estamos moi preto de conseguilo e facer realidade este soño, este segundo libro escrito por Iván Prado e ilustrado por Iris Serrano, que trata de ser unha homenaxe ás mulleres palestinas e a súa incansable loita.
Para coñecer máis sobre o proxecto e apoialo: https:// vkm. is/palestina
Textos: Iván Prado
Ilustración: Iris Serrano
Enmaquetación: Irene Bofill