Nenas con ás
En Palestina, hai niñ as que voan, agarradas a un soño de liberdade, propulsadas por sorrisos que paran tanques, subidas aos ombreiros de pallasos.
Voan e sáenlles ás, ás que ás veces se volven bandeiras e outros berros de dignidade.
As nenas palestinas que se me quedaron tatuadas na alma, teñen nomes de esperanza e futuro.
As súas miradas conxúganse con verbos que camiñan sobre utopías e resiliencias.
Escalan o meu corpo e a miña emoción cunha forza tal, que é fácil entender porqué este sistema global de terror non as enterrou nin no esquecemento nin na desesperación.
Algunhas queren viaxar, outras ser ministras para axudar á xente, outras converterse en enxeñeiras e construír parques, outras simplemente que se acabe a ocupación e que volvan os presos e as presas para camiñar polas rúas do seu pobo.
Non se se os soños cotizan nalgún sistema de valores, pero nestes 72 dous anosde desastre, bombardeos, xenocidio e silencio cómplice da maioría de gobernos, os soños das nenas e nenos que naceron en calquera das palestinas existentes, teñen a potencia de mil cabezas nucleares, a consistencia de todos os muros do mundo, a precisión dos satélites israelíes e sobre todo están cargados de xustiza e alegría, algo que este parque temático da morte, chamado Israel, non ten.
Poderán seguir levantando muros de cemento vergoña e mentiras, pero as nenas aladas que nacen nesta terra sobrevoan os seus aramados aínda que só sexa coa imaxinación e o dereito.
Iván prado
Director Festiclown Palestina
15 de setembro 2019.
#palestinalibreyfeliz #festiclown #freepalestine #festiclownpalestine #circusagainstoccupation #festiclownpalestine2019
Fotografía de Bernat Almirall.