Redes invisibles
Leire é navarra, pero saúda aos afganaos e paquistanís coma se fóra de alí, cando visita a fábrica abandonada onde dá xunto ao resto da NoNameKitchen duchas, roupa e comida no medio da autoestrada, entre Sid e Croacia. Ao despedirse duns iranianos que van facer o Game (tentar pasar a fronteira) subidos nun taxi, explícanos que algún leva ata 50 intentos, pero o máis duro é cando o conseguen e acaban sendo deportados en quente…
Marc, é catalán, traballaba en Berlín, ata que nunha charla propúxose de voluntariao para facerlles a Web á NoNameKitchen, de ahi pasou a vir a Belgrado unha semana, hai 14 meses que segue aquí, cando lle entrevisto, dúas cousas rómpenme: a primeira que o que fai faio porque é o que máis lle enche na vida, e o segundo é que a morte de Madina, a nena afgá de 6 anos que morreu atropelada polo tren nas vías sobre as que a policia Croata a devolvío en quente xunto á súa familia en metade da noite, levoulles a comezar a documentar todos os casos de violación dos dereitos humanos por parte dos gobernos europeos.
Ana Isabel quedouse en Valencia, falar dela é case un experimento antropolóxico, parece saída dunha novela de Dickens, e colocada de actriz en Blade runer, ela case soa se enfreta a este sistema global de terror sen máis armas que o seu corazón e a súa palabra machete. Coñecina nunha mesa redonda en Xirivella, alí pensei dúas cousas,: está tola e quero ir a eses bosques.
Antonio Sempere é fotógrafo ceutí, de Afríca pasou a esta Europa asasina co mesmo nervio e a mesma xenerosidade que se enfronta á vida, alóxanos, guíanos, fainos reir, pero sobre todo axúdanos a entender porque leva un ano sen traballar, entregando o seu tempo para levar comida e roupa á xente que se esconde nos bosques esperando saltar a Croacia.
Tibor:
Tibor non ten ONG, el é unha ONG, chamámoslle o Reverendo (púxollo Alguer) porque ademais de parecer un oso polar polo tamaño, é un Húngaro evanxelista sen o cal estariamos medio perdidos nesta Serbia post-comunista.
Natalie xunto a outros 4 voluntarios de NoNameKitchen tecen complicidades nos Campos de refuxiados onde traballan e tamén nos que están a entrar por primeira vez grazas á nosa caravana…
Onte entramos no peor campo serbio, onde mais dunha vez tiveron que saír por patas sen poder atravesar a reixa.
Parece que sen sabelo, vanse tecendo redes invisibles, entre pallasos e voluntarios, entre musicos e activistas, entre corazóns rebeldes e corazóns que buscan refuxio.
Somos un único tecido, ese que cambia o mundo.
Iván Prado