A caravana “Refugiando Esperanzas” de Pallasos en Rebeldía en compañía de Txarango irá aos Balcáns a axudar aos refuxiad@s
Pallasos en Rebeldía e Txarango da man de JUTT Helping People visitarán os campos de refuxiados do Roteiro dos Balcáns do 4 ao 8 de xuño. Esta caravana – Refuxiando esperanzas- vai levar diñeiro ás organizacións locais, pequenas e honestas, para comprar roupa e comida. Puxeron ao dispor do que queira colaborar unha conta bancaria: ES13 2100 4333 1502 0005 4202 ou en PayPal usuario: info@pallasosenrebeldia.org
O colectivo artístico internacional Pallasos en Rebeldía, que desde 2009 traballa en campos de refuxiade@ s de Palestina, Líbano ou Sahara únese ao grupo musical Txarango e, da man de Jutt Helping People, visitarán os Balcáns para coñecer a todas esas persoas que quedan atrapadas nos bosques Serbios esperando a súa oportunidade para cruzar a Europa.
Risas música e toda a axuda que poidan xuntar chegarán a Serbia para acompañar a toda a xente que foxe do horror e que se atopa cunha Europa que lles pecha o paso mirando para outro lado mentres se constrúen muros e concertinas. Non é a primeira colaboración de Txarango con Pallasos en Rebeldía, que xa uniron as súas forzas no Festiclown Palestina 2017 e na caravana “Cegar Fronteiras e corazón”, en Melilla en 2016.
Pallasos en rebeldía, risas contra muros
Ante o tsunami humanitario que xerou a política económica e fronteiriza da Unión Europea desde mediados do 2015, Pallasos en Rebeldía organizou varias caravanas solidarias levando espectáculos de música, circo e clown onde son máis necesarios, para transmitirlles ás persoas que malviven nestes campos que non están soas, que son benvidas e que hai artistas que doan o seu tempo e enerxía á loita polos seus dereito fundamental á mobilidade, á dignidade e á liberdade.
Esta caravana seguirá denunciando as políticas europeas migratorias, e proxectando outra mirada sobre as historias humanas de heroicidade e dor que camiñan polas nosas fronteiras.
Música comprometida que derruba fronteiras
Txarango é moito máis que un simple grupo de música, Txarango loita co seu ritmo, a súa alegría e a súa música por facer de leste un mundo mellor. Chegados do Raval, o barrio máis multicutural do epicentro de Barcelona, participaron en diferentes proxectos sociais, visitaron varios campos de refuxiados e apoian cos seus beneficios diferentes organizacións sen ánimo de lucro.