Como funciona a venda solidaria de #ArteEnRebeldía?
Podedes descubrir todas as pezas de LEO SERRANO e textos de IVÁN PRADO a exposición na seguinte ligazón:
http://pallasosenrebeldia.org/wp- content/ uploads/2020/04/CATALOGO.pdf
Desde hoxe ata o sábado 9 de maio poderedes ver e comprar as pezas da exposición # ArteEnRebeldía. Durante esta semana colgaremos as obras de Leo Serrano xunto aos textos de Iván Prado nas nosas redes e na nosa web para que poidades ir descubríndoas. Todas as pezas poderanse comprar desde que se fagan públicas, menos catro que seleccionamos para poxar durante o último día da exposición solidaria, o 9 de maio.
Poderase adquirir no mail de pedidos@pallasosenrebeldia.org indicando no mail:
-A obra ou obras seleccionadas
-O nome e apelidos e a dirección de envío
Unha vez confirmada a dispoñibilidade da peza ou pezas, facer o ingreso na conta bancaria de Pallasos en Rebeldía e unha vez confirmado que todo está correcto, procederase ao envío.
Durante esta semana iremos contándovos máis detalles sobre a exposición, sobre a poxa que realizaremos no noso Facebook. e sobre os proxectos sociais aos que destinaremos o 100% do recadado na mesma.