7 conclusións sobre esta crisis mundial e 3 propuestas para saír dela sembrando futuro
7 Conclusións sobre esta crise mundial:
Esta non é unha crise médica é unha crise de modelo. #Somosununicolatidochamadohumanidade
1º: Que as fronteiras que levantan os estados para facilitar o libre tránsito de mercancías e capitais e impedir o das persoas son ficticias, o virus demostrou o estéril das mesmas.
2º: Que a economía de mercado se sustenta na morte e a fame, non está deseñada para a defensa da vida, o seu espírito é promover o beneficio económico sobre o beneficio das persoas e atenta contra a nosa existencia como especie e o futuro do planeta Terra.
3º: Que o modelo democrático actual, bancario e pasivo, baseado en eleccións cada X años, xera cidadanías desafectas coa política do común e institucións, incapaces de dar resposta aos problemas e desafíos da humanidade.
4º: Que a sociedade de consumo non nos fai más libres senón máis dependentes e fráxiles.
5º: Que a saúde, a cultura e o coñecemento son globais, igual que as enfermidades e os grandes problemas da humanidade.
6º: Que a visión parcializada da nosa existencia e forma de vida só é útil ao sistema neoliberal e ao seu modelo produtivo, e convirte a nosa civilización nun perfecto caldo de cultivo para as pandemias, as tráxicas migracións planetarias e a desigualdade estrutural.
7º: Que as crises deste modelo eurocentrista e patriarcal as pagan sempre as mesmas vítimas e, como antes na Historia, é a cidadanía a quen se lle esixen os maiores esforzos para solucionalas.
3 Propostas para saír dela sementando futuro:
1º: Reescribir o pacto social, para construir novas institucións, dende o micro ata o macro, onde a participación cidadá comprometida, a solidariedade e a xustiza secan os eixos centrais.
2º: Activar mecanismos de control social da economía, a educación, a sanidade, a cultura e a información, para pór ao servizo de toda a humanidade todas as súas potencialidades, onde os valores da igualdade, a ecoloxía e a defensa da diversidade sexan os pilares do noso desenvolvemento como cidadanía global.
3º: Potenciar unha visión integral e holística da nosa existencia. Igual que o corpo humano é un e todo nel está interconectado, coa humanidade e o planeta acontece o mesmo, sen respostas globais non hai solucións duradeiras.
Xa sabemos que: nin o individualismo é un modelo exitoso, nin o consumismo xera felicidade, nin o crecemento económico per se serve para a vida neste planeta, nin o machismo texe sociedades libres, nin o parlamentarismo por si mesmo fai mellores democracias, nin as grandes corporacións económicas traen máis beneficios para as sociedades, nin as fronteiras frean as desgrazas.
Espertemos deste pesadelo neoliberal e narcótico e fagamos desta crise unha ponte para transitar a outra etapa histórica:
onde as fronteiras se biquen e póñanse ardentes,
onde nada do humano sexa alleo,
onde se abran as grandes alamedas e camiñemos libres,
onde floreza a tenrura entre os pobos,
onde o imposible se volva posible e o posible belo,
onde lembremos que somos vento, mar, montaña, ceo, colibrí e almendros en flor.
#euficoACTIVAnacasa
Texto: Iván prado
Ilustración: Iris Serrano
Pallasos en Rebeldía