Dende Pallasos en Rebeldía organizamos un acto de apoio a Open Arms
Queremos denunciar a criminalización e persecución das organizacións que traballan no mar e dos seus membros. Como voluntarios e seres humanos con principios éticos e morais queremos facer especial fincapé na reiterada vulneración dos DEREITOS HUMANOS FUNDAMENTAIS das persoas no mar que tentan chegar a Europa fuxindo de conflitos bélicos, persecución ou pobreza.
A continuación citamos As BASES DE DEREITO vulneradas polos países da UE.
Convenio SOAS regra 33 capítulo V:
“o capitán dun buque que (…) reciba información que lle indique que hai persoas en perigo no mar, está obrigado a acudir a toda máquina no seu auxilio (…) independentemente da nacionalidade e condición xurídica destas persoas”
“os Gobernos coordinaranse (…) para que os buques que presten auxilio sexan liberados das súas obrigacións cunha desviación mínima do buque”
“os capitáns dos buques (…) tratarán a esas persoas con humanidade”
Convenio sobre o estatuto do refuxiados art.33:
“Ningún Estado Contratante poderá, por expulsión ou devolución, poñer de ningún xeito a un refuxiado nas fronteiras dos territorios onde a súa vida ou a súa liberdade perige por causa da súa raza, relixión, nacionalidade, pertenza a determinado grupo social, ou das súas opinións políticas”
Vulneracións dos convenios internacionais (segundo texto do Capitán Marítimo de Barcelona):
“vulnerouse a obrigación de desembarcar aos náufragos nun porto
seguro, o máis próximo ao lugar do rescate (…) sexa isto por responsabilidade directa do buque, ou ben por causa das autoridades responsables da zona SAR concernidas”
“estas autoridades están a limitarse a denegar o desembarco,
desentendéndose da coordinación”
“tampouco se tomaron as medidas para que este desembarco teña lugar tan pronto sexa razoablemente posible (obrigando ao buque para navegar) varios días, cruzando o Mediterráneo”
“as autoridades responsables da zona SAR non están a asumir a
responsabilidade primordial (…) da coordinación”
“as autoridades públicas dos estados concernentes non están a facilitar a chegada e saída dos buques dedicados ao rescate de persoas en perigo no mar”
“os Gobernos de Libia, Italia ou Malta non participaron na coordinación da operación SAR ofrecendo un lugar seguro”
“ningún buque debe sufrir demoras indebidas tras prestar auxilio (…) o que non se produciu nas últimas operacións de salvamento efectuadas polo buque”
“co exposto, queda evidenciado que se está actuando de modo contrario aos convenios internacionais”
Asímismo Capitanía Marítima recoñece que o buque Open Arms
“… vén efectuando operacións completas de auxilio e salvamento” e
“…non poderá senón cumprir coa obrigación de auxiliar a quen se atope en perigo no mar, tal como prescriben os convenios internacionais”
ESIXIMOS que termine a criminalización das ONG’s. Reclamamos a apertura de VÍAS SEGURAS e a posibilidade de migrar de maneira regular. Expoñemos que segundo a Declaración Universal dos Dereitos Humanos MIGRAR É UN DEREITO, e, engadimos que segundo as leis ditadas anteriormente, SOCORRER ás embarcacións á deriva e ás súas náufragos é un DEBER. A omisión de socorro é un DELITO.
ANTES PRESOS QUE COMPLICES!
Tamén queremos agradecer o apoio de todas as organizacións como OPEN ARMS que se sumaron á manifestación.