Iris Serrano e Iván Prado presentan o seu libro «MUJERARIO»
Por fin podemos presentar o primeiro libro de Proxecto Colibrí: MUJERARIO.
MUJERARIO é unha obra conxunta de Iris Serrano e Iván Prado, un voo de cores cheo de plumas escritas e palabras de lume, 45 mulleres que habitan para transitar cada día con máis luz e alegría.
A finais de abril comezamos a xira de presentación dun proxecto que pretende ser nosa pequena achega a unha humanidade máis libre e liviá. Unha maneira de declarar o alto ao medo, de expulsar as etiquetas e os complexos, de desterrar a dúbida e a vinganza. Crear é unha maneira de renovar a vida, de renovar os votos coa esperanza, de renovar o mundo… MUJERARIO
Todos os beneficios destinaranse a seguir apoiando as caravanas de Pallasos en Rebeldía.
Comprar o libro:
Toda a xira:
Grazas a todas as amigas que nos axudaron a facer este soño realidade.