Terminou o noso (e voso) Verkami, e conseguimos superar todos os obxectivos necesarios para facer posible a publicación de «Palestina ten nome de muller» e a caravana de artistas plásticas durante o Festiclown Palestina. Non temos palabras para agradecervos o apoio e o agarimo.
Vendemos máis de 400 libros e recadado máis de 17.500 euros grazas ás achegas de centos de persoas. O que significa que conseguimos o 500% do noso obxectivo inicial! Grazas a todas elas Palestina ten nome de muller xa é unha realidade. Tamén son unha realidade a caravana de artistas plásticas que irá a Palestina connosco e a reportaxe audiovisual profesional que captará toda a viaxe.
Como sabeís, o libro con textos de Iván Prado e ilustracións de Iris Serrano é unha homenaxe ás mulleres palestinas, a súa diginidad e a súa loita.

Caravana de mulleres artistas rebeldes e reportaxe audiovisual.
Ademais, catro coñecidas ilustradoras acompañarán a Pallasos en Rebeldía na súa próxima caravana a territorio palestino durante o Festiclown: Irene Bofill, Xema Capdevila, Iris Serrano e Julieta Xlf.
As ilustracións destas mulleres convertéronse en recompensas do Verkami, que aos pouos irán chegando aos fogares dos/ as mecenas.
Queremos que todas as persoas que achegaron a este proxecto tamén nos acompañen a distancia, que sexan testemuñas do que conseguimos entre todas. Por iso acompañaranos o documentalista e realizador Bernat Almirall, coñecido polos seus traballos coa banda de música Txarango e que xa acompañou en máis ocasións a Pallasos en Rebeldía.
Libro á venda moi pronto.
Por se aínda non vos fixestes cun exemplar de «Palestina tiene nombre de mujer», a partir do 10 de decembro estará á venda. Continúa a aventura…
