Lanzamos un Verkami para o libro «Palestina tiene nombre de mujer»

 Estamos moi emocionadas e tamén algo nerviosas porque este domingo 1 de novembro lanzamos en Verkami o clownfounding dun libro que nos fai moi felices: «Palestina tiene nombre de mujer», unha homenaxe ás mulleres palestinas, a súa dignidade e á súa loita.Aquí podedes entrar e ver o proxecto: https://vkm.is/palestina

Está ilustrado por Iris Serrano e escrito por Iván Prado, e aínda por riba, ten un prólogo de dúas mulleres ás que admiramos: Cristina Sánchez e Taghreed Constantines.

Do 1 ao 21 de novembro estará na web de Verkami onde tentaremos ir superando os nosos obxectivos: o primeiro: 3.500 euros, o segundo de 5.000€ e o terceiro de 7.000€. Usaremos o recadado para editar 1.000 exemplares, e cos beneficios de de as vendas financiaremos unha caravana de artistas plásticas e Pallasos en Rebeldía a Palestina (en canto a pandemia permítao) para levar unha vez máis as risas, as cores e a alegria onde é máis necesaria.

Difundide, compartide e si podedes, aportade! Somos e seguimos GRAZAS a vós!
 
Textos: Iván Prado
Ilustracións: Iris Serrano
Enmaquetación: Irene Bofill