Sábado 21 ás 18.30 horas, o Teatro Principal de Compostela acollerá unha gala rebelde e solidaria para financiar a escola de circo «Rebel Circus» de Aida Refuge Camp, en Belen, que foi creada por Pallasos en Rebeldía durante o último Festiclown Palestina.
Artistas de diversos estilos (narración oral, música, maxia, teatro musical, …) colaboran con Pallasos en Rebeldía, organización de cooperación internacional a través das artes, para artellar un espectáculo áxil, divertido e comprometido para toda a familia.
Presenta: Vero Rilo
Artistas:
- A Banda da Loba
- Paco Nogueiras
- Píscore
- Avelino Gonzále
- Dani García
- Check Point Clown

PARA COLABORAR:
- -Podes facelo a través do número de conta da FILA 0 (cero):
La Caixa ES13 21004333150200054202
- -Asiste á Gala. Retirada de invitacións desde o martes 17 de decembro no despacho de billetes do Teatro Principal.
Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h. Teléfono: 981 542 349
- -Difunde!
