Exposicións fotográficas

RISAS CONTRA MUROS

Exposición fotográfica que recolle o labor de apoio realizada ás familias de refuxiadas do campamento de Idomeni, na fronteira heleno- macedonia, desenvolvida do 8 ao 10 de marzo de 2016. Unha selección dunha decena de imaxes tomadas polo fotógrafo Carlos Cazurro na 1ª Caravana de Pallasos en Rebeldía «Risas contra Muros».

PALESTINA TIENE NOMBRE DE MUJER

Exposición fotográfica sobre mulleres vistas ao longo do noso traballo con elas durante o  Festiclown Palestina en actuacións, talleres, charlas, etc.

AUGA, DOR E ESPERANZA

Exposición fotográfica sobre a dirección dunha montaxe teatral da  Circus School of Ramallah dirixido por Iván Prado e documentado por  Miluka  Suriñach.

FESTICLOWN PALESTINA

Exposición fotográfica sobre a realización de Festiclown Palestina nas cidades de Nablus, Ramallah e Jerusalem en setembro de 2011.

SORRISO E LUZ

Fotografías do traballo de Pallasos en Rebeldía en comunidades indíxenas de Chiapas (México).

As nosas exposicións fotográficas están a diposición de tod@s. Pide información en info@pallasosenrebeldia.org