Caravanas de PER

CHIAPAS – MÉXICO

2003 – Setembro e Outubro. Primeira Caravana de Pallasos en Rebeldía por territorios rebeldes zapatistas, visitando o proxecto Semillita de Sol, onde Pallasos en Rebeldía e o Festiclown financiaron unha radio autónoma no Caracol Roberto Barrios.

2004 – Decembro 2004 e Xaneiro 2005 Segunda Caravana de Pallasos pola Paz con Dignidade en Chiapas.

2005 – Setembro Terceira Caravana de Pallasos pola Paz con Dignidade en Chiapas.

2006 – Abril Cuarta Caravana de Pallasos pola Paz con Dignidade en Chiapas

2007 – Decembro 2007 e Xaneiro 2008 Quinta Caravana de Pallasos pola Paz con Dignidade en Chiapas

2008 – Abril Sexta Caravana de Pallasos pola Paz con Dignidade en Chiapas

2009 – Decembro 2009 – Xaneiro 2010 Sétima Caravana de Pallasos pola Paz con Dignidade en Chiapas

2010 – Decembro 2010 Oitava Caravana de Pallasos pola Paz con Dignidade en Chiapas

WIRIKUTA – MÉXICO

2012 – Xuño 2012 Caravana que levou a solidariedade e a risa ao pobo  Wixákira, que está a ver como varias multinacionais invaden os seus territorios para a construción de minas, sen respecto algún polos seus habitantes e o seu incrible valor ecolóxico. Esta primeira caravana por este territorio mexicano supuxo o xerme do  Festiclown  Wirikuta, que levou a México, novamente, espectáculos de clown, pasacalles, talleres, achegando o seu granito de area dentro dun gran movemento mexicano en solidariedade coa causa.

BRASIL

2016-Xuño/Agosto. Caravana de  Pallasos en  Rebeldia (asociada ao  Festiclown Pela Terra) que apoiou as ‘retomadas’ dos  Karirís  Xocos en  Lagoas, dos  guaraníes en Santa Catarina, dos  Kahiowas en Matogueira Grosso  do  Sul e os campamentos do  MST en Río Grande  do  Sul.

2015-Xullo. Caravana de  Pallasos en  Rebeldia á aldea indíxena  Kariri  Xocó,  Alagoas, Brasil.

2014- Xuño. Caravana de  Pallasos en  Rebeldia á aldea indíxena  Kariri  Xocó,  Alagoas, Brasil. Do 6 ao 9 de xuño de 2014. Artistas participantes: Paula  Bitencourt, Deborah  Mattos ,  Priscila  Jacomo, Iván Prado. Colaboraron na xira:  Elecine  do  Nascimento, Grupo de Canto  Sabuká e  Traço  Cia. Teatro.

PALESTINA

2002 – Xullo Colaboración na caravana artística co-organizada por Pallasos sen Fronteiras e Festiclown e financiada na súa totalidade polo Festiclown.

2009 – Abril e Maio Caravana por Bethlem, Ramallah, Jenin e Hebron, grazas á cal Pallasos en Rebeldía tivo un primeiro contacto proxectos circenses en territorios ocupados (formación en Ramallah co colectivo de Circo Palestino), ademais de levar a cabo diversas actividades, como talleres de risoterapia ou actuacións en colexios.

2011 – Xullo, Agosto e Setembro Esta estancia dunha delegación de Pallasos en Rebeldía en Palestina ( Nablus, Jerusalem e Ramallah), de tres meses de duración, representa o proxecto social e político máis importante do noso colectivo ata o momento. Esta ambiciosa caravana culminou coa realización do I Festiclown Palestina (do 1 ao 15 de setembro de 2011)

2013- Outubro. Caravana solidaria de Pallasos en Rebeldía ao Líbano para actuar nos campamentos de refuxiados palestinos.

CAMPAMENTOS DE REFUXIADAS EUROPA

2016- Marzo Primeira Caravana Risas contra Muros ao campamento de refuxiadas de  Idomeni (Grecia).

2016-Abril Segunda Caravana Risas contra Muros aos  campamentos de refuxiadas de  Calais e  Dunkirque (Francia).