Cronoloxía Rebelde: 16 años despois nace unha Escola de circo nun campo de refuxiados en Cisjordania.
2003 (segunda Intifada), Campo de refuxiados de Erezt.
Un pallaso Chileno, un sueco e un galego, financiados polo Festiclown Pontevedra, preparámonos para o show cando soa o estrondo dos morteiros cos que Israel bombardea as inmediacións da escola da UNRWA. 200 nenos e nenas levántanse para mitigar o son das bombas. Sen eu sabelo, acababa de nacer no meu interior o soño de Pallasos en Rebeldía.
2010, chegamos a Ben Gurion (un check point camuflado de aeroporto) cando nos deteñen, encarceran e expulsan por querer organizar un festival de pallasos nos campos de refuxiados. O Sen Beth (policía israelí de fronteiras), accidentalmente nos catapulta á prensa mundial dándonos ás para facer do circo e do clown unha marea de esperanza contra lle dor e o medo. En setembro do seguinte ano, 40 artistas de 8 nacionalidades actuabamos para 100.000 persoas en Cisxordania. Nacera o primeiro festival de clown no mundo árabe, e o primeiro de circo internacional contra a ocupación. De Pontevedra a Gaza, de Gaza a Cisjordania de Cisjordania ao mundo.
Hoxe, tras 20 anos de Festiclown en prazas, teatros, comunidades indíxenas, favelas, hospitais campos de refuxiados e desertos, en España, México, Colombia, Brasil e Palestina, iniciamos un novo proxecto, nosa propia escola de circo rebelde no campo de refuxiados de Aida, Belén. Nos baixos de Lajee Center, fronte ao muro da vergoña e o campo militar israelí que vixía a cidade, está a brotar unha semente de arte e utopía que esperamos brote na primavera como a primeira escola de circo nun campo de refuxiados palestinos. Iris Serrano regálanos as súas cores para facela visible, Lajee Center o seu agarimo e apoio, e a familia do Granma Fest, do Recuncho Cubano de Torrelavega, o diñeiro para desescombrar, pintar e iluminar esta nova aventura.
Iván Prado
Aida Refugee Camp, Belén
20 de setembro 2019
6ª Edición Festiclown Palestina
#freepalestine #festiclown #circusagainstoccupation #festiclownpalestina #palestinalibreyfeliz