Boicot ao primeiro Festival de Teatro de Hassania en El Aaiún ocupado
España será a invitada de honra no primeiro Festival de Teatro de Hassania no Aiún ocupado. O evento será celebrado do 26 ao 29 de xullo organizado polas autoridades de ocupación.
España, de novo viola o Dereito Internacional Humanitario participando nun acto que promociona e lexítima a ocupación marroquí no Sahara Occidental, España, que é a potencia administradora do territorio saharauí pendente de descolonización.
Desde Pallasos en Rebeldía denunciamos e condenamos a celebración dun festival de teatro organizado polo goberno de ocupación marroquí nos territorios ocupados e chamamos a todas as compañías internacionais de teatro e artes escénicas a boicotear a súa realización, especialmente as do Estado Español, que supostamente están consideradas pola organización como convidadas de honra.
É lamentable que un goberno que se dedica a reprimir, secuestrar e asasina á poboación saharahui baixo unha ocupación ilegal queira lavarse a cara e esconder os seus crimes de lesa humanidade a través da arte, pero máis ruín é dedicarse a copiar todas as iniciativas culturais que nacen dende os campamentos de persoas refuxiadas saharauis en Tinduf (Alxeria).
En todo caso pedimos ás compañías teatrais (e outras disciplinas escénicas) do estado español que se neguen a participar e convidámolas a sumarse á 3ª edición do Festival Internacional de circo e Teatro que se vai a realizar nos campamentos saharauis en 2020. As nosas portas están abertas, se queren presentar a súa arte e compartir a súa obra en liberdade co pobo saharauí só podería ser nos territorios liberados ou nos campamentos de persoas refuxiadas, xa que o resto da poboación saharauí nos territorios históricos vive baixo un réxime xenocida e opresor.
Facemos un chamamento ao movemento de solidariedade co pobo saharauí, os partidos políticos e movementos sociais e a todos aqueles que loitan polas xustas causas a presionar e denunciar ao goberno de España por violar o dereito internacional e as sentenzas de audiencia nacional española.
https:// lematin. ma/ journal/2019/ lespagne- invitee- dhonneur-festival- theatre- hassani/319806.html
Desde Pallasos en Rebeldia queremos poder actuar algunha vez no sáhara occidental, verdadeiro fogar e casa do pobo saharauí, cando o goberno marroquí permita o referendum e acabe co sistema de apartheid e crime sistemático. Queremos teatro, circo, poesía e danza, música, pintura, alegría, risas e vida nun Sahara occidental libre e soberano.